[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

» Obxectivos
 
Obxectivos do Proxecto

OBXECTIVO GLOBAL DO PROXECTO
Recuperación demográfica e socioeconómica da Reserva da Biosfera, tendo en conta os criterios de sustentabilidade ambiental, social e económica, que marcan as políticas de desenvolvemento sostible a nivel mundial, europeo e nacional.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PROXECTO

  1. Mellorar a cualificación e formación específica destinadas á poboación feminina para o desenvolvemento de novas actividades económicas ligadas á Reserva da Biosfera.
  2. Impulsar o aproveitamento dos recursos endóxenos locais por parte das mulleres rurais: Sobre todo dos produtos agroalimentarios mediante a implantación de marcas de calidade, denominacións de orixe e as etiquetas ecolóxicas. 
  3. Aumentar a implicación da poboación feminina na toma de decisións, a través da implantación de mecanismos de participación directa. 
  4. Contribuír ao mantemento do volume de poboación no ámbito da Reserva da Biosfera, a través da creación de emprego feminino e novo. 
  5. Diversificar a produción agraria mediante a promoción de actividades complementarias relacionadas co ambiente. Ex: micoloxía, castañicultura, pequenos froitos, plantas medicinais, aromáticas e condimentarias, apicultura, agricultura ecolóxica, turismo de natureza, gastronomía, caza e pesca, artesanía etc... 
  6. Fomento de actividades innovadoras como o teletraballo, o comercio electrónico de produtos locais, o telemarqueting, como forma introdución das Tics no medio rural e a mellora das condicións laborais das mulleres rurais. As tecnoloxías permiten desenvolver traballos a distancia para os que non é necesario desprazarse ás cidades. 
  7. Mellorar a oferta turística no ámbito da Reserva da Biosfera, potenciando especialmente o turismo rural, o turismo activo e a adopción da Carta Europea de Turismo Sostible. 
  8. Contribuír ao coñecemento e difusión dos valores ambientais e culturais da Reserva da Biosfera, especialmente, as que favorezan a dinamización sociocultural da poboación e a conservación adecuada da flora e fauna.
Mellorar a cualificación e formación específica destinadas á poboación feminina para o desenvolvemento de novas actividades económicas ligadas á Reserva da Biosfera.

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior