[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

» Actividades a desenvolver
 
Actividades a desenvolver

FASE 1: ANÁLISE E DIAGNÓSTICO PREVIO DA SITUACIÓN DE PARTIDA DA RESERVA DA BIOSFERA:

1.1.- Configuración dun Equipo Técnico Multidisciplinar formado prioritariamente por mulleres, labores de traballo de campo, recollida de información, enquisas, reunións con persoal técnico especializado e con organismos implicados no desenvolvemento territorial da zona, tratamento da información, etc...

1.2.- Análise da Situación da Muller no Medio Rural da RB: A Situación Demográfica Económica e Social, A Formación da Muller Rural, Ameazas e Oportunidades para a muller rural da Análise da Situación no Medio Rural.

FASE 2: ELABORACIÓN DO PROGRAMA CONXUNTO DE LOITA CONTRA O DESPOBOAMENTO A través da INSERCIÓN SOCIOLABORAL DAS MULLERES RURAIS NA RB:

2.1.- Análise e definición de actividades sostibles como motor de desenvolvemento económico e inserción sociolaboral da muller rural nas RB: Espazos Protexidos e Emprego, Formación e Orientación Laboral no sector ambiental, Turismo de Natureza, Produtos do Bosque e as súas Potencialidades, As Actividades Forestais, Emprendedores e Pemes ambientais, As Profesións relacionadas co Medio Ambiente, As TICs e o Medio Ambiente, As Actividades Agrarias Ecolóxicas e os Produtos de Calidade. Creación dun modelo de actuación útil para todas as Reservas da Biosfera a nivel mundial.

2.2.- Definición de actuacións concretas e desenvolvemento de proxectos piloto para a inserción sociolaboral das mulleres rurais da RB Área de Allariz. Esta actividade inclúe a asesoría e información para a posta en marcha dos proxectos concretos e o Coaching ou tutorización de proxectos empresariais.

2.3.- Programa de formación e capacitación para a inserción socio laboral das mulleres rurais: Xornadas sobre innovación rural, curso sobre novos xacementos de emprego, curso sobre xestión e calidade turística, talleres de emprego e cooperativas, viabilidade dos negocios no medio rural, creación de empresas, axudas e subvencións, visitas e prácticas en empresas.

2.4.- Creación dunha Rede ou Foro de Cooperación en materia de despoboamento e muller rural na Reserva da Biosfera: Trátase dun instrumento de intercambio e transferencia de experiencias entre as RB implicadas e outras Reservas da Biosfera. Dentro do mesmo debaterase sobre diversos temas que afectan á muller rural. Celebraranse reunións periódicas en cada un dos territorios e dentro do mesmo poderán participar todos os colectivos sociais das RB e en espacial o das mulleres rurais. As conclusións deste Foro utilizaranse para a elaboración do Programa de Loita contra o Despoboamento.

2.6.- Participación pública e información cidadá: Unha vez estea elaborado o programa de actuación someterase a un proceso de información pública, de tal xeito que as propostas recibidas formarán parte de devandito programa.

2.7.- Divulgación e difusión do proxecto: O Programa de loita contra o despoboamento a través da inserción sociolaboral das mulleres rurais, presentarase e explicará en todo o territorio que comprende á RB. Esta actividade realizarase a través da divulgación nos medios de comunicación, a divulgación directa mediante cartelería e dípticos, a divulgación con colectivos no territorio e a celebración de xornadas.

FASE 3. - PLAN DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DE RESULTADOS:

3.1.- Creación dun Observatorio permanente sobre despoboamento e muller rural na RB, na que participarán técnicos, expertos, asociacións de desenvolvemento rural, asociacións de mulleres, empresarios, ONGs, as administracións locais, sindicatos agrarios, asociacións profesionais, a poboación local, representantes doutras RB, etc...; é dicir, todos aqueles axentes sociais relacionados co desenvolvemento socioeconómico da Reserva da Biosfera. Dentro do mesmo realizarase un labor de avaliación e seguimento dos resultados obtidos ao pór en práctica o programa, desenvolveranse novas medidas e determinaranse as medidas correctoras pertinentes se os resultados non son satisfactorios.

3.2.- Definición dun sistema de indicadores de seguimento do Programa de Loita contra o Despoboamento.

3.3.- Elaboración de informes periódicos de avaliación por parte do Equipo Técnico Multidisciplinar que os trasladará aos integrantes do Observatorio.

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior