[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz fai un balance moi positivo logo da posta en marcha do programa RE


Ampliar Foto...
24/05/2017

O Concello de Allariz presentaba hoxe os resultados acadados no primeiro ano de traxectoria do Programa RE. O programa pioneiro de reciclaxe de lixo e separación de materia orgánica botou a andar hai un ano a través dun proxecto municipal que dotou da loxística precisa aos veciños e veciñas co reparto de composteiros individuais e a creación dunha ampla rede de composteiros comunitarios. Allariz conta con 24 illas de compostaxe ubicadas na zona urbana e máis de 130 composteiros. Ademais púxose en marcha a máquina de tratamento de materia orgánica, no parque empresarial de Chorente, á que irá destinada a recollida porta a porta de materia orgánica de grandes produtores, como hostaleiros e comerciantes. O programa cumpre o seu primeiro ano acadando “cifras esperanzadoras” segundo sinalaba o concelleiro de Medio Ambiente Bernardo Varela. Allariz incrementa a taxa de reciclaxe ata un 40% de lixo que se está a reciclar e recuperar nasa distintas fraccións como orgánica, papel-cartón, vidro e envases e plásticos . Logo dun ano produciuse un incremento sustancial en todas as fraccións o que significa una aumento na reciclaxe dun 12% no colector amarelo (de plásticos e envases), papel –cartón nun 8% e en vidro un 12%. “Somos posiblemente un dos concellos galegos que máis recicla. Atendendo a que a media galega de recollida de lixo supón uns 12 kgs por habitante ao ano e, neste momento, en Allariz estamos a triplicar esta cantidade chegando a 31.4kilos por habitante e ano” explicaba o concelleiro de medio ambiente que afirmaba que “aínda queda moito por facer”. O programa Re contempla unha segunda fase de reparto porta a porta do caldeiro marrón no que se recolle a materia orgánica e ademais centraranse os esforzos na recollida de grandes produtores. A POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA RE SERVE DE EXEMPLO NA REDE DE COÑECEMENTOS PROXECTADA EN Diálogos RB.net O proxecto Re enmárcase, ademais, noutra iniciativa de construción compartida de coñecementos, DiálogosRB.net promovido co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura e Pesca, alimentación e Medio Ambiente, a Fundación alaricana Ramón González Ferreiro e a Rede Española de Reservas da Biosfera. O reto deste proxecto é reflectir o “saber facer” que está baixo o éxito dunha iniciativa de desenvolvemento sostible. “A sostenibilidade na práctica pode presentar mil caras e a extracción de coñecementos que se esconden baixo elas necesita unha operación de recollida, organización rigorosa, produción de novos coñecementos e distribución, que non é inmediata nin fácil” explicaba Cristina Herrrero, coordinadora do proxecto. Nas reservas da biosfera, do Programa MAB da UNESCO, trabállase para facer compatible o desenvolvemento social e económico coa conservación da natureza, aplicando criterios de sostenibilidade, e a súa experiencia é fonte de novos coñecementos. No proxecto analízanse exemplos desenvolvidos en cinco reservas estatais entre as que se atopa a área de Allariz coa “participación da poboación na compostaxe de residuos urbanos para o seu uso en agricultura e usos forestais”,Montseny, Alto Bernesga, Lanzarote e Sierra de las Nieves. A coordinadora sinalaba que “Estes casos de estudo supoñen a introdución de innovacións nas prácticas ordinarias dos axentes social que interveñen e todas levan consigo unha tarefa de innovación social, na que xogan un papel moi importante a comunicación, a identificación dun obxectivo compartido,a participación, o establecemento de consensos e a capacitación para novas prácticas, entre outros…” A recollida destes coñecementos dispersos é a finalidade do proxecto DiálogosRB.net. un equipo pluridisciplinar formado por xestores e técnicos das reservas participante,s científicos d e catro universidades e expertos, traballa dende comezos do 2017. Tratan de reunir os seus coñecementos e compartilos nunha plataforma dixital para levar a cabo a elaboración compartida de novos coñecementos. Calquera persoa interesada en participar pode facelo a través do blog http://dialogosrb.net/blog ou da wiki http://dialogosrb.net/wiki e aportar a súa experiencia ou aprender de outras.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior