[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Voluntarios para salvagardar a biodiversidade galega


Ampliar Foto...
09/10/2017

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) acaba de poñer en marcha un programa de voluntariado ambiental dirixido a toda a cidadanía para a erradicación de especies exóticas invasoras no territorio das Reservas de Biosfera galegas. O proxecto forma parte da ‘Campaña para a prevención e control de especies invasoras nas Reservas de Biosfera de Galicia’ que este ano está de desenvolver co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. As especies exóticas invasoras están consideradas na actualidade a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel mundial, tras a perda e fragmentación dos hábitats. O actual e crecente proceso de globalización e o elevado tráfico (naval e terrestre, fundamentalmente) entre distintos países e continentes, ten contribuido a aumentar de maneira significativa o fluxo de flora e fauna ao longo de todo o planeta. No ámbito das Reservas da Biosfera galegas tamén está presente esta problemática, ameazando en moitas ocasións á conservación da biodiversidade existente nestas áreas e, con especial importancia, nos espazos naturais protexidos que configuran a súas zonas núcleo. Dentro das actividades previstas neste programa de voluntariado ambiental, o CEIDA organizará coa colaboración do concello de Allariz (como órgano xestor da Reserva de Biosfera Área de Allariz) unha xornada para a eliminación do fento de auga ao seu paso polo río Arnoia en Allariz. O fento de auga (Azolla filiculoides) é un pequeno fento acuático que se estende por diversos ríos das provincias da Coruña, Ourense e Lugo (principalmente na bacía do río Miño). Debido ás densas capas que forma na superficie de ríos e encoros, afecta ao intercambio de osíxeno e á luminosidade das masas de auga, afectando á vexetación mergullada autóctona. A xornada de voluntariado terá lugar o vindeiro mércores 11 de 12:00 a 14:00 h, sendo posible inscribirse e consultar o programa completo de actividades a través da páxina web do CEIDA: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/programa-de-voluntariado-eliminacion-de-especies-exoticas-invasoras-nas

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior