[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz aumenta a taxa de reciclaxe coa consolidación do Programa RE


Ampliar Foto...
08/02/2018

Allariz recicla. Os datos do ano pasado así o demostran. Na actualidade “entre un 40 e 50% da poboación está facendo un bo traballo de separación” explicaba o concelleiro de medio ambiente, Bernardo Varela. Durante o ano pasado recuperáronse preto de 300 toneladas de restos orgánicos depositados pola veciñanza nas 25 illas de compostaxe xerando preto dos 30.000 kilos de abono natural “ Os datos do ano pasado son ilusionantes pero fan ver que temos que seguir traballando para acadar mellores resultados”.. O programa RE, pioneiro na xestión de residuos orgánicos en Galicia e que xa está sendo exportado a outras provincias, recibirá unha subvención de 52.000€ do Ministerio de Medio Ambiente que permitirá ao Concello de Allariz poñer en marcha un novo servizo “porta a porta” para a recollida dos restos orgánicos que xera a hostalería e os grandes produtores co obxectivo de seguir aumentando a taxa de reciclaxe en Allariz. Coa colaboración da asociación ecolóxica ADEGA, seguirase insistindo a través de campañas de información e sensibilización ata acadar, ademais de realizarse unha enquisa de satisfacción entre a veciñanza. Impartiranse charlas e repartiranse novos colectores.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior