Reserva da Biosfera "Área de Allariz"
Centro Promoción Económica Rúa do Portelo, 4 32660 Allariz - Ourense
Tlf. 988 44 22 10 info@areadeallariz.com
|
|
CURSO: Espazos naturais protexidos e Rede Natura dende a óptica municipal |
10/04/2018
OBXECTIVOS
■ Analizar e comprender as funcións e obxectivos dos espazos naturais protexidos e a súa relación co benestar humano.
■ Dar a coñecer os espazos naturais protexidos e a Rede Natura 2000 en Galicia e facilitar ferramentas prácticas para a súa xestión dende a óptica municipal.
■ Presentar experiencias de éxito na xestión ou aproveitamento de oportunidades dos espazos naturais protexidos no ámbito local e estatal.
DIRIXIDO A
■ Técnicos e persoal de servizos municipais.
■ Traballadores/as de consultorías e empresas de
servizos ambientais, urbanísticos, etc.
■ Traballadores/as en activo en xeral.
■ Outros públicos interesados, en función da dispoñibilidade de prazas.
IMPARTE
Sergio París Gómez, técnico especializado en planificación e xestión de espazos naturais protexidos.
CONTIDOS
■ Función dos espazos naturais protexidos: que queremos conservar?.
■ Espazos naturais protexidos para o benestar humano.
■ Os espazos naturais protexidos e a Rede Natura 2000 en Galicia.
■ Planificación e xestión dos espazos naturais protexidos dende a óptica local.
■ Uso público e turismo.
■ Fontes de financiamento.
■ Participación cidadá e custodia do territorio.
■ O Plan Director da Rede Natura 2000 en Galicia.
■ Exemplos de éxito a escala galega e estatal.
HORARIO
Primeira e segunda xornada: 9-14 h. / 16-19 h.
Terceira xornada: 9-13 h.
INSCRICIÓN
Inscrición gratuita.
Prazas limitadas.
http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/curso-espazos-naturais-protexidos-e-rede-natura-2000-dende-a-optica-municipal
|
|








|