[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
A Escola Galega de Apicultura súmase á celebración mundial do Día da Abella


Ampliar Foto...
15/05/2018

Este ano 2018 celébrase por primeira vez de forma oficial o Día Mundial da Abella o 20 de maio.  A Escola Galega de Apicultura EGA, proxecto constituido este ano pola Asociación Galega de Apicultura, Fundación Ramón González Ferreiro e Concello de Allariz, festexará este día no Festival Internacional de Xardíns de Allariz coincidindo co remate do Curso Superior de Apicultura Comercial. Arredor do mundo estase preparando o Día da Abella, celebración que se desenvolverá a través de múltiples formatos e sendas actividades. O principal obxectivo desta celebración é concienciar á sociedade sobre a importancia no medio ambiente das abellas e e a súa indispensable contribución á agricultura, alimentación e biodiversidade. En Allariz celebrarase este día, na Casa dos Polinizadores, un gran "hotel" instalado no Festival Intarnacional de Xardíns de Allariz, para ofrecer aloxamento a multitude de abellas e insectos de diferentes tipos. Alí os participantes do Curso Superior de Apicultura Comercial, impartido esta primavera na EGA e no que participan preto de 50 apicultores e apicultoras de toda Galicia, desenvolverán un programa de actividades o domingo 20 de maio de 11 a 14 h. dirixidas a todos os públicos e que incluirán: unha exposición didáctica, degustacións, postos informativos sobre os produtos das abellas e o problema do tártago asiático (Vespa velutina) e obradoiros de candeas e mel para nenos e nenas.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior