[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz estende a cría de bois a novas explotacións


Ampliar Foto...
22/05/2018

O Concello de Allariz aposta por estender a cría de bois polo territorio favorecendo o seu aproveitamento tradicional e pondo en valor a produción de carne de boi de Allariz. Ademais o pastoreo dos bois permitirá así mesmo manter vivo e recuperar os lameiros abandonados. O pasado venres, o Alcalde Francisco García xunto co concelleiro de medio ambiente, Bernardo Varela, encargáronse do traslado dos primeiros 20 bois ás primeiras explotacións que se suman ao programa. O convenio asinado entre o Concello de Allariz e as explotacións permítelles a estas obter unha fonte complementaria de ingresos, de 500€ por animal que pastará nas nova zona con complementos de herba seca nos momentos máis duros de inverno. Carne de boi de Allariz O proxecto “Carne de Boi de Allariz” impulsado polo Concello de Allariz pretende promover a recuperación do territorio mediante o pastoreo e a produción de alimentación para os bois do programa. Aproveitando as condicións favorábeis de Allariz –marca recoñecida, importancia do sector hostaleiro e turístico, declaración UNESCO Reserva da Biosfera, celebración Festa do Boi- o Concello de Allariz quere asociar Allariz á carne de boi como reclamo gastronómico de calidade. O convenio coa Comunidade de Montes Veciñais de Penamá para a produción da raza Limiá, acordo para o engorde de bois na explotación “O Rego” de Coedo, a organización de xornadas de carne de boi de Allariz dende o 2011, a aprobación do Regulamento de produción e comercialización de carne de boi de Allariz, a aprobación e rexistro da marca boi de Allariz, foron pasos necesarios para proceder agora a un impulso na cría de bois.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior