[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz compite no certame “Vilas en Flor”


Ampliar Foto...
03/10/2018

O xurado do premio Vilas en Flor visitou onte Allariz, unha das cinco vilas galegas que participan na primeira edición do concurso promovido pola Fundación Juana de Vega coa colaboración da Asociación de Viveiristas do Norte e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería, para elixir o municipio galego máis bonito pola súa ornamentación. Acompañado pola alcaldesa Cristina Cid e o concelleiro de medio ambiente, Bernardo Varela, coñeceron, entre outros lugares, o Paseo do Portovello, o Arnado ou a Acearrica. Allariz competirá con Betanzos, Caldas de Reis, Chantada e Ortigueira na busca do distintivo que as recoñecerá como “Vila en Flor”. O certame, desenvolvido dende hai anos noutros países europeos, busca a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público de actuacións medio ambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos públicos.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior