[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
O Rexo é o oasis de dúas especies vexetais en perigo de extinción, a Marsilea e o Quercus


Ampliar Foto...
18/10/2018

O Centro de Educación ambiental o Rexo, en Allariz,  foi o escenario escollido polo Centro para a Reprodución de Especies Ameazadas, CREA, Félix Rodríguez de la Fuente para a presentación do proxecto de conservación de patrimonio vexetal ibérico ameazado cuxos obxectivos pasan por asegurar a viabilidade natural, a persistencia espacial, a difusión científica e a variabilidade xenérica de dúas especies con maior grao de ameaza da flora, como son a marsilea quadrifolia (fento acuático con forma de trébol de catro follas) e o quercus lusitánica (carballo enano) . Esta é a finalidade que persegue dende hai catro anos o CREA co apoio económico da Fundación  Banco Santander. Ecoespazo do Rexo alberga unha charca ambiental na que foi introducida con éxito a marsilea e este foi o lugar escollido para a presentación dos resultados do proxecto liderado polo equipo de Antonio Estévez, director do centro ourensán, e os profesores Manuel Pimentel, Elvira Sahuquillo e Emilio Carral. “Ourense é un oasis de estas dúas especies e agora toca estender o paraíso”explicaba Estévez quen traballa para replicar os excelentes resultados obtidos a outros lugares. Ademais en Allariz, onde a marsilea mantense de xeito óptimo dende hai dous ano, mostran o interese por recibir mostras vivas para a súa introdución diferentes entidades madrileñas e andaluzas, ademais do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. O traballo desenvolvido ata o de agora, segundo explican dende a Fundación Banco Santader, incluíu medidas de xestión destinadas á protección das poboacións naturais existentes, pero especialmente un o estudo e cultivo de ambas especies no centro ourensán.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior