[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Ecopilas inaugura en Allariz a campaña Ourense Recopila dirixida aos concellos de Ourense.


Ampliar Foto...
17/12/2018

Allariz, pioneira na reciclaxe de todas as fraccións, foi o lugar escollido para dar comezo oficialmente á campaña Ourense Recopila ideada pola fundación Ecopilas, que se encarga en España da labor de concienciación e recollida de residuos de pilas, baterías e acumuladores. Esta campaña é unha continuación dun proxecto piloto iniciado na provincia de Lugo o pasado ano e percorrerá diversos municipais da provincia de Ourense co obxectivo de que o cidadán deposite estes residuos nos contedores habilitados para este fin. Unha carpa itinerante personalizada e un equipo de monitores medio ambientais será instalada en cada concello e informará, asesorará e concienciará á poboación sobre os obxectivos que se marca Ecopilas. Durante un ano a campaña busca aumentar os índices de recollida na provincia de Ourense. Ourense Recopila contará cun servicio de recollida a través do teléfono 982 254 878, no que poderán contactar os responsables dos puntos de recollida de pilas de cada concello (casas consistoriais, centros educativos, farmacias, estancos, ferreterías, supermercados…)

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior