[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz acolle a III Xornada técnica de produción gandeira ecolóxica


Ampliar Foto...
24/01/2019

Durante o día de hoxe celebrarase en Allariz, no Fogar dos Maiores, a terceira Xornada de produción gandeira ecolóxica, que nesta ocasión tratará sobre os retos na comercialización para as ganderías de carne ecolóxica. A xornada, organizada pola cooperativa agrogandeira asturiana Campostur e a súa marca de Ecofeed, será inaugurada pola Alcaldesa, Cristina Cid, e o concelleiro de medio ambiente, Bernardo Varela, e nela participarán, ademais, representante de Carrefour España, Xunta de Galicia, membros de ganderías ecolóxicas de Galicia e o responsable técnico da empresa Gav-Allfeed. Á reunión están convocados gandeiros de Galicia , Asturias e Castela León, con interese na produción de carne en ecolóxico. Programa: -11:00 horas. Presentación da Xornada: Cristina Cid, alcaldesa do Concello de Allariz e Javier Fernández, director técnico de Campoastur -“Protocolos fitoterápicos en gandarías extensivas”. Jordi Tost, responsable técnico de Allfeed. -“Perspectivas da comercialización de carne ecolóxica”. Ramón Lamelo, xefe da área de Promoción da calidade agroalimentaria da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL-Xunta de Galicia). -“Os produtos ecolóxicos na distribución”. César López Sánchez, director de Relacións institucionais de Carrefour Asturias e Francisco Piqueras, director de carnicería de Carrefour España -Mesa redonda: “Retos na comercialización para as gandarías ecolóxicas de carne”,cos relatorios sobre experiencias comerciais de produtores de gandarías ecolóxicas: José Luís Vaz, de VerínBiocoop (comercializadora de gandarías asociadas de vacún, ovino e caprino), Luís Ceide, de Ovica – Pastores de Galicia (ovino-caprino), José Blanco, de Gandaría Cimadevila (gandaría de vacún vianesa), Luís Rodríguez, de Chotoiba (gandaría de vacún, con sala de despezamento). Moderador: Rafael Pardo de Andrade, do servizo técnico de Ecofeed en Galicia

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior