[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Apicultura e fruticultura, actividades cun gran potencial en Galicia


Ampliar Foto...
06/05/2019

A Escola Galega de Apicultura, integrada pola Asociación Galeg de Apicultura, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, organiza para o día 11 de maio unha xornada sobre apicultura e fruticultura, que vai dirixida principalmente a promover as explotacións mixtas entre estas dúas actividades moi ligadas entre sí. «Por un lado hai froitas que dependen directamente da polinización das abellas, mesmo mellorando a calidade e cantidade da froita producida. Por outro, a apicultura tamén se beneficia especialmente de determinadas flores que aportan alimento para as abellas e ofrecen a posibilidade de mellorar a colleita do mel ou diversificar a produción da colmea, como por exemplo co pole», explican dende a asociación apícola. Na xornada participarán expertos técnicos na produción de castañas e mazás, froitas con boa demanda no mercado e cunha floración moi interesante para a actividade apícola. Explicaranse cales son as características destas producións e as posibilidades na súa comercialización e varios apicultores contarán a súa experiencia na produción de froita e como afecta esta no rendemento das súas explotacións. Unha das principais ideas será transmitir aos participantes a importancia da diversificación na apicultura e o potencial apícola e frutícola dos montes galegos, en gran parte sen aproveitar. Farase tamén referencia á variedade e riqueza das especies froiteiras autóctonas de Galicia, que interesa revalorizar e recuperar. A formación completarase cun día de campo, no verán, con visitas a explotacións frutícolas e apícolas.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior