[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz celebra o Día da Abella


Ampliar Foto...
15/05/2019

As Nacións Unidas declararon o Día Mundial da Abella o 20 de maio co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia no medio ambiente das abellas e e a súa indispensable contribución á agricultura, alimentación e biodiversidade. Tamén esta xornada vai dirixida a denunciar as ameazas ás que se enfrontan as abellas na actualidade, entre elas o uso de pesticidas, os incendios ou a chegada de novos inimigos a causa da globalización, como por exemplo o tártago asiático (Vespa velutina), e polo tanto sensibilizar sobre a necesidade de protexelas. A Escola Galega de Apicultura e as súas entidades integrantes, Asociación Galega de Apicultura, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, súmanse a esta celebración organizando unha actividade dirixida a público infantil, que terá lugar durante toda a mañá no entorno do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Participarán en primeiro lugar os escolares do CEIP de Xunqueira de Ambía e a partir das 12 h. a actividade abrirase tamén ás persoas visitantes dos xardíns. A través de varios obradoiros, os nenos e nenas coñecerán como son as abellas e os polinizadores, aprenderán a facer a súa propia casa de insectos e descubrirán a variedade de meles que temos en Galicia. Pero todas as persoas a título individual poden sumarse a esta celebración. Algunhas ideas sinxelas que se poden facer son promover actividades divulgativas sobre as abellas no seu entorno, poñer plantas que lle gusten ás abellas nos balcóns ou hortas, mercar mel e produtos apícolas locais, colocar “hoteis de abellas” onde poden vivir abellas solitarias e outros insectos, evitar o uso de sustancias tóxicas para os insectos e polo tanto tamén para as abellas ou mercar alimentos que non as utilicen. Ademais deste evento en Allariz, a Asociación Galega de Apicultura organiza outras actividades nos próximos días a través das súas delegacións comarcais. Os días 18 e 19 de maio en Narón a DAGA Ferrolterra organiza charlas sobre a importancia das abellas e e obradoiros para aprender a facer licores e xabóns con mel, en Gondomar a III Feira e IV Xornadas Apícolas do Valmiñor a través da DAGA Rías Baixas e o 20 de maio a DAGA Coruña ofrece unha actividade divulgativa sobre as abellas no Xardín Botánico de Culleredo.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior