[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz acolle un curso de extensión universitaria sobre alimentación saudable


Ampliar Foto...
23/05/2019

Baixo o lema “avanzando cara a unha economía circular nas Reservas da Biosfera” Allariz colabora coa Universidade de Vigo na celebración do curso de extensión universitaria Comedores Escolares Ecolóxicos, que terá lugar do 1 ao 5 de xullo. Co obxectivo de visibilizar os impactos da compra de alimentos de proximidade nas economías locais, coñecer o funcionamento dos Eco-comedores ou realizar unha aprendizaxe social e de sustentabilidade, entre outros, Allariz forma parte desta iniciativa na que participarán representantes da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” e produtores locais como Horta Mimá, Ecoleia, O Rexo ou Carabuñas. Inscricións: O prazo de inscrición está aberto ata o día 31 de maio. Maís información en ecoecoagro@uvigogal, no correo electrónico extension@uvigo.es ou no teléfono 986 813 626.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior