[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
O Concello de Allariz reparte 50 novos composteiros individuais


Ampliar Foto...
23/07/2019

Cada día son máis as vivendas que fan uso do composteiros individuais nas súas hortas. O Concello de Allariz en colaboración coa Asociación ADEGA, para a defensa ecolóxica de Galiza, reparte nestes días, a través do programa RE, 50 novos composteiros individuais. Este novo reparto suma  máis de 400 composteiros individuais en Allariz, o que supón un aumento na recollida de lixo e separación de materia orgánica. Técnicos/as municipais en colaboración con ADEGA realizan tanto a distribución como a instalación e formación ás familias que así o solicitan, que dispoñen de horta e queren tratar, mediante compostaxe, os seus residuos orgánicos domésticos así como os restos vexetais da horta ou xardín. O programa RE, pioneiro na xestión de residuos orgánicos en Galicia, seguirá insistindo a través de campañas de información e sensibilización, na importancia da compostaxe no fogar tanto por cuestións mediomabientais como económicas, xa que coa compostaxe redúcense os kilos de emisión de CO2 á atmosfera ao ano e ademais evítanse aos concellos os gastos de recollida e transporte do lixo orgánico. Os veciños e veciñas que precisen información e desexen solicitar un composteiro poden contactar coa área de medio ambiente no teléfono 988 440 001.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior