[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
O Concello de Allariz lanza unha campaña de limpeza baixo o lema “Un Allariz máis limpo é cousa de tod@s”


Ampliar Foto...
15/10/2019

O Concello de Allariz, a través das áreas de medio ambiente e promoción económica, ven de poñer en marcha unha campaña de limpeza baixo o lema Un Allariz máis limpo é cousa de tod@s. O obxectivo é concienciar á cidadanía, tanto veciñanza como visitantes, da importancia da súa colaboración no mantemento e coidado do noso entorno. Con motivo desta campaña colocáronse, esta mañá, carteis nos expositores da vila que serán difundidos, ademais, a través das redes sociais do concello. Na cartelería reza o slogan da campaña xunto con varios hastags que se utilizarán co obxectivo da súa difusión en redes “buscando a máxima participación cidadá en materia de coidado e limpeza do espazo público” segundo sinalaba a concelleira de Promoción económica, María López. A iniciativa inclúe unha nova acción simbólica, este venres, para mostrar a cantidade de lixo que se xera en Allariz as fins de semana e que pretende baleirar as rúas de cabichas, bolsas de plásticos, excrementos de mascotas e outros residuos. A través de diferentes actividades programadas no marco da nova campaña de limpeza búscase, segundo explica o concelleiro de medio ambiente Bernardo Varela, “manter a vila limpa coa colaboración de todos/as. Trátase de fomentar e mellorar a limpeza viaria nas rúas de Allariz”. Nas vindeiras semanas, en colaboración co comercio e hostalería así como os centros docentes, levaranse a cabo diversas actividades de sensibilización e concienciación.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior